nenos xogando

Quen somos

Cool School é o proxecto pedagóxico dun grupo de docentes que tras formarnos e traballar no estranxeiro decidimos apostar pola inmersión lingüística en Inglés e Galego.

As nenas e nenos aprenden xogando a relacionarse cos obxectos, as persoas e o espazo dunha forma totalmente experimental, asimilan o inglés dun xeito natural incorporándoo a súa vida diaria.

Saleta Rey Daporta

1981

O meu interese pola música ven dende nena, por elo decidín estudar o Grao Superior de Música, especializándome en Oboe. Rematei a miña carreira no Conservatorio Superior de Música de Oviedo coas máximas cualificacións.

Comecei moi nova a impartir clases. Formándome ademais cun Máster de Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela.

Saleta Oboe

Durante estes anos impartín clases en diversos centros educativos como o Colexio Fingoi (Lugo), Colexio Plurilingüe Franciscanos (A Coruña) e o CPR Plurilingüe Esclavas (A Coruña).

Nos últimos anos decidín estudar e traballar en Dublín (Irlanda) para aprender a lingua inglesa, obtendo titulacións do Trinity College e da Cambridge English University, agora dedícome a ensinala lingua dun xeito diferente, práctico e intuitivo.

José M. Pérez Afonso

1979

Son Mestre de Primaria (especialista en Educación Musical), Técnico Superior de Animación Sociocultural, e Director e Monitor de Tempo Libre.

Traballei como docente en colexios como Galén (Lugo), Instituto E.S. Corvera (Avilés), dirixín varios campamentos da Xunta de Galicia e impartín os primeiros cursos FIP do INEM de Monitor Sociocultural en Galicia.

Josito Pintando

Como músico acadei o Premio ao Mellor “Creador Joven” de España outorgado no ano 2008 por INJUVE, e compartín escenario con Pablo Milanés, Jorge Drexler, Kepa Junkera e Javier Gurruchaga entre outros.

Posteriormente mudeime a Dublín (Irlanda) para continuar a miña formación, voltando a Lugo en xuño do 2012 para conseguir a habilitación de ensinanza bilingüe en Inglés, e embarcarme neste apaixonante proxecto educativo.

Que facemos

A nosa acción educativa está orientada á aprendizaxe da lingua inglesa para nenas e nenos de 3 a 12 anos. Cremos firmemente que só da educación partirá un cambio real que faga deste mundo un mundo mellor.

Moitos pedagogos coinciden connosco en que aprender xogando é a maneira máis eficaz de consolidar unha lingua, por iso a nosa proposta consiste en unir actividades artísticas e de ocio con coñecementos lingüísticos e culturais.

imaxinación

A importancia de formarse na lingua inglesa

Vivimos nun mundo cada vez máis pequeno, no que o dominio do inglés e indispensable para unha formación completa.

Os nenos e nenas precisan mellorar e afondar no seu coñecemento, pero nós cremos que pode e debe facerse sen deixar de lado ás culturas e linguas autóctonas.

Bandeiras galega e inglesa Solidaridade

Atención personalizada e educación en valores.

Todas as nosas actividades son feitas en grupos reducidos para garantir unha atención personalizada e coidado cos ritmos de aprendizaxe de cada nena/o.

Terán como obxectivo, ademais da aprendizaxe do inglés, a formación integral do neno/a, traballando a educación en valores como o respecto aos demais, a tolerancia, o respecto medioambiental, a coeducación, etc.

Aprender xogando

A través do xogo a nena/o exprésase con espontaneidade, móstranos os seus intereses e desenvolve as súas vivencias e fantasías.

Xogando aprendemos a relacionarnos cos obxectos, as persoas e o espazo dunha forma totalmente experimental, é un xeito natural de aprender inglés incorporándoo a vida diaria por medio das nosas divertidas actividades.

Neno xogando con pezas dun castelo Nena pintando

Educar mediante o arte

A creatividade é a capacidade das nosas nenas e nenos para chegar a novas conclusións e resolver os problemas dun xeito orixinal. Nós destacamos o valor do arte como instrumento educativo para mellorar a súa formación integral.

Por iso, incluímos dentro das nosas actividades artísticas grupos de música e movemento, clases instrumentais e linguaxe musical.

Falando en inglés

Inglés para adultos

Somos centro preparador TOEFL-TOEIC, se estás interesado en obter a titulación de idiomas nº1 no mundo, ven as nosas clases con profesorado nativo e especializado.

Nestes exames nunca se suspende, sempre obterás una certificación oficial ao mellor prezo posible e sen caducidade. Infórmate xa!

Sello TOEIC Sello TOEFL

O noso local

Ven a coñecer o noso local en: Avda. da Coruña 21, Local 5 (Fronte á Libraría Trama)

Aberto de Luns a Venres de 17:00h a 20:00h

A entrada ao local Josito en recepción Bruxa Curuxa
O sillón de contar historias Mesas para aprender xogando Traballando coas nenas e nenos

“A Educación precisa tanto de formación técnica, científica e profesional, coma de soños e utopía”.

Paulo Freire (educador e pedagogo).

Contacto

Podes poñerte en contacto con nós enchendo o seguinte formulario:







Lin e acepto a política de privacidade.

Tamén podes atoparnos no noso local nas galerías da Avda. da Coruña 21, Local 5 (Fronte á Libraría Trama).
De Luns a Venres de 17:00h a 20:00h

Icono teléfono
982 229 980 - 635 097 792 - 630 367 421
Pequeno cunha carta
SUBIR Ir a nosa páxina de Facebook